O Consello Cooperación Bibliotecaria de España foi creado pola Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas.[1] publicada no BOE núm. 150, do día 23 de xuño de 2007.
Documentos importantes do Consello
Entre os varios documentos que o Consello de Cooperación Bibliotecaria deu a coñecer recentemente, como froito do traballo de grupos e comisións nos últimos anos, pódense destacar estes dous:
O valor económico e social dos servizos de información: bibliotecas.[2]
Prospectiva 2020: as dez áreas que máis van cambiar nas nosas bibliotecas nos próximos anos.[3]
En Galicia
Pola súa parte, Galicia conta coa Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia,[4] publicada no DOG Núm. 122, do día 27 de xuño de 2012. O 17 de marzo de 2013 constituíuse o Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, contemplado na dita lei.