Conrado I de Borgoña, realmente Conrado I de Argenau e máis tarde Conrado I de París e Auxerre, coñecido como Conrado o Vello [1], nado ao redor do 800 e finado un 22 de marzo entre o 862 e o 866, foi un nobre carolinxio fillo de Welfo I conde de Baviera e de Helwigis (c. 775-883).
Traxectoria
Foi conde de Argenau (ata 858), e despois nomeado conde de Auxerre (c. 853) e conde de París (c. 858) e abade leigo de Saint-Germain d'Auxerre e Saint-Gall. Ocupou estes cargos ata a súa morte (entre 862 e 864). En París sucedeuno o seu sobriño Conrado (fillo do seu irmán Rodolfo Conde de Sens, e en Auxerre o seu fillo Conrado II (duque de Borgoña Transxurana) pero pronto os dous foron depostos polo rei Carlos o Calvo.
Familia
Pertencía á antiga casa de Welf, os seus tres irmáns eran:
- Rodolfo (falecido no 866), conde de Ponthieu (c. 855-866) e Sens (c. 855-866), abade laico de Jumièges e Saint-Riquier, pai de Welf (coñecido como Welfón, diminutivo de Welf), conde de Sens (866-881); Conrado, conde de París (862/864) e Sens (881); Hugo (relixioso) e Rodolfo conde de Augstgau.
- Xudite de Baviera, segunda esposa de Lois o Piadoso.
- Emma de Baviera, esposa de Luís o Alemán.
Matrimonios e descendentes
Casou con Adelaida de Alsacia, tamén Adelaida de Tours (nada c. 805 e finada despois de 866), filla de Hugo III de Tours da Alta Alsacia, alcumado o Preguiceiro (m. 837), conde de Sundgau e conde de Tours. Tivo cinco (ou quizais seis) fillos:
Notas