Conflito de Osetia do Sur de 2008

Conflito de Osetia do Sur de 2008
Parte de Conflito oseto-xeorxiano

Mapa de Xeorxia amosando Osetia do Sur (en malva) e Abkhazia (en verde).
Data 7 de agosto de 2008 - 16 de agosto de 2008[1]
Lugar Xeorxia
Resultado Acordo de alto o fogo
Belixerantes
Osetia do Sur Osetia do Sur
Rusia Rusia
Abkhazia
Xeorxia Xeorxia
Líderes
Osetia do Sur Eduard Kokoiti
Dmitrii Medvedev
Anatoliy Serdyukov
Marat Kulakhmetov
Sergei Bagapsh
Mikheil Saakashvili
Davit Kezerashvili
Zaza Gogava
Forzas en combate
Osetia do Sur 1 batallón de tropas empregadas anteriormente como forzas de paz, arredor dun total de 3.000 total[2]
Centos de tropas empregadas anteriormente en manter a paz, centos doutras tropas en Xeorxia[3] EUA estima entre 8,000 e 10,000[4]
Centos[5] de voluntarios[6]
Reservistas e unidades regulares das Forzas Armadas de Abkhazia.[7]
1 batallón das forzas armadas,[8][9] número de efectivos descoñecido.
Varios voluntarios dende outras partes de Xeorxia.[10]

O conflito de Osetia do Sur de 2008 foi un conflito militar que comezou o 7 de agosto de 2008, no que estiveron implicadas por unha banda Osetia do Sur, Rusia e Abkhazia e pola outra Xeorxia. O conflito armado comezou en Osetia do Sur, coa Batalla de Tskhinvali, e posteriormente os enfrontamentos estendéronse a Xeorxia e ao mar Negro.

Causas do conflito

As raíces do conflito

O conflito entre Osetia do Sur (xuridicamente parte de Xeorxia, mais non de facto) e Xeorxia afúndense nas políticas de delimitación territorial levadas a cabo nos primeiros anos da URSS por parte do Comisario de Lenin para as Nacionalidades, Iosif Stalin[11] quen dividiu o territorio de Osetia e integrou unha parte na RSS de Xeorxia e outra na RSSF de Rusia.

Coa entrada en crise da URSS comezan movementos nacionais até entón durmidos entre as xentes da Unión Soviética, e no 10 de novembro de 1989 o Congreso de Deputados Populares da rexión autónoma suroseta proclama a súa conversión en República Autónoma dentro de Xeorxia. En 1990 os deputados proclaman a soberanía e creación da República de Osetia do Sur.

O 5 de xaneiro de 1991 destacamentos da Garda Nacional entran en Tskhinvali e causan diversas atrocidades ó enfrontarse ao exército oseto[12], dando comezo a unha guerra que en dous anos causou uns 1.800 mortos e o éxodo de 4.000 persoas. A guerra rematou cun acordo entre Eduard Shevardnadze e Boris Eltsin o 24 de xuño de 1992 e o 14 de xullo deste ano comezou unha operación de paz, na que se creaba unha forza de paz composta por xeorxianos, rusos e osetos.[13]

Causas recentes

A tensión na rexión comezou co cumio da OTAN en abril de 2008 en Bucarest, onde se estableceu o visto e prace para o ingreso na alianza de Xeorxia e Ucraína, sen concretar o calendario.[14] Tamén Xeorxia tiña afán [15] de rematar rapidamente coa independencia das repúblicas de Osetia do Sur e Abkhazia, para así poder entrar na OTAN.

A reacción de Rusia, que vería reducida a súa esfera de poder, foi estreitar lazos coas repúblicas independentistas, cousa que xa fixera antes cando Estados Unidos recoñeceu a Cosova como estado independente[14]. O mesmo mes de abril houbo unha escalada da tensión co suposto derrubamento dun avión espía non tripulado sobre Osetia do Sur, denunciado por Xeorxia e negado por Rusia.[14] Con posterioridade hai outros incidentes aéreos, así como acusacións cruzadas de provocación.[14]

Nos últimos anos, ademais, ten medrado a importancia estratéxica da zona, na ruta do transporte enerxético, rivalizando Rusia e occidente por aumentar a súa influencia nela.[16]

Osetia do Sur pretende unirse a Osetia do Norte, na Federación Rusa. No referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 votou o 99% da xente a favor da independencia, sendo a participación dun 95,2%[17] Pola súa banda, a restauración do control xeorxiano de Osetia do Sur e Abkhazia (onde hai un problema semellante) ten sido unha das metas dos presidente xeorxiano Mikheil Saakashvili dende a Revolución Rosa[18]. Saakashvili propuxo un novo acordo de paz, no cal Osetia do Sur tería unha grande autonomía dentro dun estado federal, pero os líderes osetos continuaron a demandar a independencia[19].

O conflito

Antes do 7 de agosto

Tskhinval logo do ataque xeorxiano.

O 1 de agosto comezaron combates breves pero intensos entre soldados de Xeorxia e de Osetia do Sur que causaron a morte de seis persoas e feriron a outras vinte e unha, durando os combates até o 2 de agosto de mañá[20]. Dende cada bando acusaban ao contrario de ter comezado eles. Xa este 2 de agosto o goberno presidido por Eduard Kokoiti comezou a prepara a evacuación de cativos, mulleres e enfermos da capital e arredores da mesma[21]. O 3 de agosto o Goberno Ruso permitiu a evacuación de cidadáns de Osetia do Sur a Rusia, e no primeiro día marcharon un total de 22 autobuses caragados de persoas[22]

Os combates esporádicos continuaron nos días seguintes. O 6 de agosto, Xeorxia dixo ter perdido un APC e que tres soldados xeorxianos foran feridos.[23] Catro persoas morreron nesa noite. A poboación de Osetia dos Sur continuou coa evacuación e Xeorxia desprazou tanques, artillaría e tropas á fronteira[24].

Días 7 e 8: o ataque de Xeorxia

A noite do día 7 de agosto de 2008, quinta feira, Xeorxia lanzou unha operación militar contra a capital de Osetia do Sur co obxectivo de rematar coa independencia da pequena república, crebando así os acordos de alto o fogo de 1992. O ataque produciuse poucas horas despois de os dous lados acordaren comezar negociacións ao día seguinte. A cidade de Tskhinvali, capital de Osetia do Sur, foi cercada por tropas xeorxianas[25]. Coa oposición das forzas surosetos, os xeorxianos avanzaron e ao remate do día 8 de agosto controlaron unha parte significativa da cidade. Ás 04:45 (00:45 UTC), o Ministro Xeorxiano para a Reintegración Temuri Yakobashvili anunciou que Tskhinvali estaba case rodeada, e que Xeorxia controlaba dous terzos do territorio suroseto[26]. O resultado da ofensiva inicial xeorxiana foi de máis de 1.600 civís mortos[27].

Ás 00:53 do 8 de agosto (hora local, 20:53 7 de agosto UTC), as forzas xeorxianas comezaron a bombardear a cidade, incluída a ruta pola que eran evacuados os refuxiados[28], e ás tres da madrugada hora local (a unha da madrugada na UE), as columnas de soldados xa rodearan a capital e se dirixían cara ao centro da cidade[29]. Os bombardeos foron levados a cabo por aviós Sukhoi Su-25 xeorxianos[30]. Unha canle de televisión rusa afirmou pouco despois que xa había quince mortos[29]. O Ministerio de Exteriores ruso sinalou que "a falta de compromiso do Goberno de Tbilisi, o que debería facer reconsiderar á OTAN a súa decisión de admitir a Xeorxia na organización", e exhortou a Xeorxia a pór fin á súa actividade en Osetia do Sur: "Non se conseguirá resolver o problema pola forza. É un axioma que as autoridades xeorxianas deben comprender dunha vez"[29].

Día 8: Rusia involúcrase no conflito

Movementos dos contendentes o 8 de agosto. Azul mostra os ataques xeorxianos, Vermello os osetos e rusos

O 8 de agosto Xeorxia afirmou que tropas rusas estaban a entrar polo paso de Roki para reforzar a defensa suroseto[31], feito confirmado por fontes rusas ao afirmar que as súas tropas chegaran á capital oseta[32]. As mesmas fontes afirmaban que avións rusos bombardearan o 8 de agosto posicións tanto en Gori como preto de Kareli[31].

O mesmo día fontes xeorxianas afirmaron que os avións rusos atacaran a base aérea militar de Vaziani, preto de Tiflis[32], Rusia trasladaba a guerra ao territorio de Xeorxia. Xeorxia anunciou un cesamento do fogo de tres horas, entre as 11:00 e 14:00 do 8 de agosto para evacuar aos feridos, e reclamou a intervención dos Estados Unidos, á par que anunciaba que retiraría 1.000 dos 2.000 soldados que ten despregados en Iraq para reforzar as tropas que combaten aos rusos[32].

O Ministro de Reintegración de Xeorxia afirmou que controlaban totalmente a capital, Tskhinvali, dando un ultimato até as 16:00 do 8 de agosto para que os osetos depuxeran as armas[33], baixo promesa de amnistía[34]. Os combates continuaron e non se levou a efecto a tregua[35].

Mentres, en Abcazia, o goberno abcazo despregou ás súas tropas ao longo da fronteira con Xeorxia, en palabras do líder abcazo, Serguei Bagapsh: "O que ocorre hoxe en Osetia do Sur, mañá pode ocorrer en Abcazia. Así non podemos seguir"[32].

Ás 06:27 UTC, Reuters informou de que dous cazas rusos bombardearan posicións de artilleiría xeorxiana preto de Gori[36]. O goberno de Xeorxia informou de que cando menos morreran 60 civís en Gori[37]. Ás 07:41 UTC, Lenta.Ru informou que unidades da 76a División Aerotransportada de Pskov trasladáranse a Tskhinvali. Segundo o comandante Igor Konashenkov foron trasladadas para reforzar ás forzas de terra de Osetia na capital.

Día 9: Escalada

O exército ruso entrou en Osetia do Sur e ocupa outeiros preto da capital suroseta, Tskhinvali, bombardeando posicións xeorxianas; e ao mesmo tempo blindados rusos entraban en Tskhinvali.[38] Mentres Rusia afirma que enviará á Mariña ás costas abcazas do Mar Negro, pois prevíase unha nova frento alí.[39]

Mentres, Rusia e Xeorxia acusábanse mutuamente de crimes de guerra e xenocidio en Osetia do Sur,[40] o Parlamento de Xeorxia declarou o estado de guerra[40] e Rúsia, logo de botar aos xeorxianos de Tskhinvali, cercou a cidade xeorxiana de Gori, preto da capital suroseta.[40]

Día 11

Rusia descartou manter conversas de paz con Xeorxia antes de que esta se retirase de Osetia do Sur e asinase un documento legalmente vencellante renunciando ao emprego da forza contra Osetia do Sur e Abcasia.[41]
Á noite, paracaidistas rusos despregados en Abcasia intérnanse en territorio xeorxiano para destruír bases militares dende as que Xeorxia podería enviar reforzos ás súas tropas despregadas en Osetia do Sur.[42] A cidade de Gori foi bombardeada polos rusos, mentres os militares e a maior parte dos residentes civís fuxían.

Día 12

O presidente ruso Medvedev dixo que ordenara rematar coas operacións militares en Xeorxia[43]. Máis tarde, Medvedev aprobou un plan de paz de seis puntos xunto ao presidente de quenda da Unión Europea, Nicolas Sarkozy, en Moscova. Ámbalas dúas partes quedaron en asinalo o 17.[44]
As tropas rusas chegaron ao porto de Poti e tomaron posicións nel.[45]

Galería dos protagonistas

Notas e referencias

  1. http://www.kremlin.ru/eng/text/news/2008/08/205406.shtml Arquivado 14/09/2008, en Wayback Machine. President of Russia Dmitry Medvedev signed a plan to resolve the Georgian-South Ossetian conflict, based on the six principles previously agreed on. kremlin.ru
  2. Расстановка сил, Lenta.Ru, 8 de agosto de 2008, en ruso. Versión traducida ao portugués
  3. Barnard, Anne; Schwirtz, Michael; Chivers, C.J. (9 de agosto de 2008). "Georgia and Russia Nearing All-Out War". The New York Times. Consultado o 2008-08-10. 
  4. "US military surprised by speed, timing of Russia military action". afp.google.com. 11 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-12. 
  5. ""Human Rights Watch Counts South Ossetian Casualties, Displaced". Deutsche Welle. 11 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-11. 
  6. "Hundreds of ‘Volunteers’ Head for S.Ossetia – N.Ossetian Leader". Civil.ge. 8 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  7. #Abxasia moviliza aos seus reservistas Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Galiciae
  8. "Missiles confiscated by Georgia in South Ossetia to be handed back to Russia". RIA Novosti via Russia in Global Affairs. 25 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-10. 
  9. "Sout (sic) Ossetia: Georgia rotates peacekeepers, reopens road". Civil.ge. 21 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-10. 
  10. Zugdidi w rękach Rosjan Arquivado 19 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Rzeczpospolita, en polaco. Tradución ao portugués
  11. A última faena do ditador Stalin, por M.A. Murado.
  12. En Caucasus.dk Páxina sobre o Cáucaso de Dinamarca Arquivado 10 de marzo de 2011 en Wayback Machine. - 5-6 January 1991 Several thousand Georgian troops enter Tskhinvali and commit atrocities overnight; the war starts.
  13. http://www.fas.org/nuke/guide/russia/agency/rus-pko.htm
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Cronoloxía da escalada de tensión entre Rusia e Xeorxia nos últimos meses (en castelán). Europa Press (08-08-2008).
  15. Peter Lavelle'S BLOG August 7, 2008, 21:38 Why South Ossetia, why now? Arquivado 09 de abril de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  16. Rusia envía tanques a Osetia do Sur en desafío a Xeorxia Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Reuters, 8 de agosto de 2008: "...parece estar cerca de desatar una cruenta guerra en una región que surgió como una ruta clave de transporte energético y donde Rusia y países occidentales están buscando mayor influencia." (en castelán)
  17. Véxase Referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 para máis información. A journey to South Ossetia, a documentary about life in South Ossetia, made in 2007 (before the war), EuroNews (16.06.2007), en inglés.
  18. ""Saakashvili: Returning of Abkhazia is the main goal of Georgia".". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2006. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  19. What is Georgia's rebel South Ossetia region? Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Reuters, 8 de agosto de 2008, en inglés.
  20. "Seis muertos en los choques entre Georgia y Osetia del Sur", El País, 3 de agosto de 2008, en castelán.
  21. Autoridades retiram crianças de região de conflito na Ossétia do Sul, en globo.com, 2 de agosto de 2008, en portugués.
  22. Вывезли из-под огня. В Россию прибывают беженцы из Южной Осетии Arquivado 12 de agosto de 2008 en Wayback Machine.. Canal Un. 3 de agosto de 2008, en ruso.
  23. Georgia Says its Armoured Vehicle Blown Up, Xeorxia Civil, 7 de agosto de 2008, véxase tamén: Georgia reports 'large-scale battles' in rebel region, AFP, 7 de agosto de 2008
  24. Georgia shells its breakaway republic Arquivado 09 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Rusia Hoxe, 7 de agosto de 2008 Véxase tamén: Georgian tanks head for South Ossetia Arquivado 10 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Rusia Hoxe, 7 de agosto de 2008
  25. Geórgia ataca república separatista da Ossétia do Sul, en globo.com, 7 de agosto de 2008, en portugués
  26. Tskhinvali almost surrounded - Georgian official, ITAR-TASS, arquivo [https://www.webcitation.org/5a2Sg0FSE?url=http://www.itar-tass.com/eng/level2.html?NewsID=12933348%5d, 8 de agosto de 2008
  27. "CNN news". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2008. 
  28. Грузинская сторона обстреливает дорогу, которая ведет из Цхинвали в РФ, RIA Novosti, 8 de agosto de 2008, en ruso. Vexa aquí a tradución ao inglés: The Georgian side fired a road that leads from Russia to Tskhinvali Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  29. 29,0 29,1 29,2 Georgia lanza una ofensiva para tomar Osetia del Sur, El País, 8 de agosto de 2008, en castelán
  30. Intensos combates entre as forzas de paz rusas e as de Xeorxia, El País, 8 de agosto de 2008
  31. 31,0 31,1 Siguen los combates en Osetia del Sur y la Cruz Roja pide abrir un corredor para evacuar heridos, Televisión Española, en castelán
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 Las tropas rusas entran a la capital de Osetia del Sur para defender a sus compatriotas, El País, castelán
  33. Tskhinvali está baixo 'pleno control' do Exército xeorxiano, segundo Tiflis, Terra.es, castelán
  34. Estalla una guerra desigual en el Cáucaso Arquivado 12 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Público, en castelán
  35. Combates en Osetia del Sur dejan más de mil muertos Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine., 08.08.2008, Informador.com.mx, castelán
  36. Russian jets bomb Georgia Arquivado 11 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Reuters, en inglés
  37. Russian jets attack Georgian town, BBC
  38. Los tanques rusos entran en Osetia del Sur, El País, 9 de agosto e 2008, en castelán.
  39. Rússia abre segunda frente de conflito com a Geórgia: planeja enviar frota à Abkházia, Globo.com, 9 de agosto de 2008, en portugués
  40. 40,0 40,1 40,2 Rússia e Geórgia se asusam por crimes de guerra na Ossetia do Sul, Globo.com, 9 de agosto de 2008, en portugués
  41. "The Hindu : Front Page : Georgia pulls out forces". Arquivado dende o orixinal o 11-08-2008. Consultado o 11-8-2008.  (en inglés)
  42. Russian Forces Capture Military Base in Georgia, The New York Times, 11 de agosto de 2008 (en inglés)
  43. Russia Orders Halt in Georgia as Fighting Continues, The New York Times, 12 de agosto de 2008, en inglés.
  44. "Russia 'ends Georgia operation'" (en inglés). 2008-08-12. Consultado o 2022-04-06. 
  45. Russia, in Accord With Georgians, Sets Withdrawal, The New York Times, 13 de agosto de 2008, en inglés.

Ligazóns externas

Material audiovisual

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!