Concurso de televisión

Un concurso de televisión (en inglés: Game show) é un xénero de programa de televisión onde persoas comúns ou celebridades, en equipos ou non, participan nunha proba que pode incluír probas de intelixencias ou probas físicas co obxectivo de gañar puntos ou premios.[1] En caso de competicións premiadas, entre os premios comúns adoitan estar contías de diñeiro, casas, coches, viaxes ou vales de compras, xeralmente por empresas patrocinadoras. Moitos dos concursos de televisión son adaptacións de programas transmitidos pola radio.[2]

Non se consideran concursos os programas que teñen como obxectivo revelar cantantes, pois traen na súa esencia unha disputa de talentos avaliados polo público ou por xurados, e non un xogo con regras exactas como propón o concurso.

Os concursos con probas que consisten normalmente nun conxunto de preguntas e respostas tamén se designan en inglés quiz shows.

Notas

  1. "game show". Cambridge English Dictionary (en inglés). Consultado o 2020-07-31. 
  2. Woisin, Matthias (1989). Das Fernsehen unterhält sich : die Spiel-Show als Kommunikationsereignis (en alemán). Frankfurt: P. Lang. ISBN 3-631-41568-0. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!