Ockelbo é un concello sueco no condado de Gävleborg.[1] A súa capital é a localidade de Ockelbo. No mes de setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 5 857 habitantes.[2]
A parte occidental do municipio está formada por terreo montañoso cuberto de coníferas e a oriental é relativamente cha. O establecemento da liña electrificada de ferrocarril "Norra stambanan" fixo que varias pequenas empresas se trasladasen a Ockelbo, converténdose a capital do concello nunha importante cidade estación.