Karlstad é un concello sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é a cidade de Karlstad, que tamén é a capital do condado. En xuño de 2022 o concello tiña unha poboación de 95 575 habitantes.[2]
O concello de Karlstads atópase no sur do condado de Värmland, na ribeira norte do lago Vänern. O municipio limita co concello de Grum ao oeste, co de Hammarö ao sur, cos de Kristinehamn, Storfors e Filipstad ao leste, e cos de Forshaga, Hagfors e Kil ao nort, así como unha fronteira marítima co concello de Säffle no suroeste.
Administración histórica
A área do concello correspóndese coas parroquias de Alster, Grava (a meirande parte), Karlstad, Nor, Nyed, Segerstad, Väse, Älvbacka e Östra Fågelvik. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamén a cidade de Karlstads que no ano 1863 converteuse nunha cidade municipal.
En 1934 o municipio rural de Karlstad incorporouse á cidade. O 22 de febreiro de 1946 estableceuse a localidade municipal de Molkom no concello rural de Nyed. En 1944 o köping de Forshaga separouse do concello rural de Grava.
Coa reforma municipal de 1952 naceron os grandes concellos de Nor (dos anteriores municipios de Nor e Segerstad), Nyed (de Alster, Nyed e Älvsbacka) e Väse (de Väse e Ölme), mentres que os concellos rurais de Grava e Östra Fågelvik, e a cidade de Karlstad permaneceron sen cambios. A localidade municipal de Molkom disolveuse ao rematar 1958.
En 1967 o municipio de Östra Fågelviks incorporouse á cidade. O concello de Karlstad foundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Karlstad, dos municipios rurais de Grava, Nors e Nyed, e dunha parte do concello de Väse (a parroquia de Väse).[3]
Dende a súa fundación ata o 7 de febreir de 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Karlstad, e no presente pertence ao de Värmland.[4]