Comunicación de masas

A comunicación de masas é o estudo de como as persoas intercambian a información por medios de comunicación de masas a segmentos grandes da poboación de xeito simultáneo e inmediato. Noutras palabras, a comunicación de masas refírese ao acto de facilitar información a grande escala a unha gran cantidade de persoas. Normalmente relaciónase coa publicación de xornais, revistas e libros, así como a radio, a televisión, o cinema e Internet, xa que estes medios son moi empregados para espallar información, novas ou publicidade. A comunicación de masas diferénciase doutras formas de comunicación, como a comunicación interpersoal ou a organizativa, en que se centra nunha única fonte de emisión de información a un número grande de receptores. O estudo da comunicación de masas vén xustificado polo efecto que ten sobre o comportamento, a actitude, a opinión ou as emocións das persoas que reciben a información.

Teorías principais

Os teóricos da comunicación identificaron varias teorías asociadas co estudo da comunicación de masas. A teoría de comunicación indica os procesos e os mecanismos que permiten que a comunicación teña lugar.

  • A teoría de cultivo, desenvolvida por George Gerbner e Marshall McLuhan, fala sobre os efectos a longo prazo de ver a televisión e fai a hipótese de que canta máis televisión consuma un individuo, máis probable é que esa persoa crea que o mundo real é semellante ao que viu na televisión.[1] O cultivo está relacionado coa idea do síndrome do mundo cruel.
  • A teoría do estabelecemento da axenda céntrase na idea de que os medios "non lle din á xente o que pensar, pero si sobre o que pensar". O estabelecemento da axenda di que os medios teñen o poder de influenciar o discurso público e dicirlle á xente cales son os problemas importantes que está afrontando a sociedade.[2]
  • A espiral do silencio, desenvolvida por Elisabeth Noelle-Neumann, di que a xente tende máis a revelar a súa opinión en público cando cre que se corresponde coa opinión maioritaria, por medo a desvelar unha opinión impopular que converta a persoa en cuestión nun paria social. Esta teoría é relevante para a comunicación de masas porque indica que ten poder para moldear a opinión popular, así como retransmitir a opinión que se cre maioritaria.[3]
  • A ecoloxía dos medios indica que os individuos están modelados por mor da súa interacción cos medios de comunicación,[4] e que a comunicación e os medios afectan profundamente o modo en que as persoas ven e interactúan co seu contorno.[5]
  • De acordo coa teoría da semioloxía, os elementos da comunicación como as palabras, imaxes, acenos e situacións, son sempre suxeito de interpretación. Todos os sistemas de signos creados para ser "lidos" ou interpretados, sen importar a súa forma, poden ser considerados como "textos". No estudo da semioloxía, non existe o concepto de lectura literal.[6]

Notas

  1. Gerbner, G., Gross, L., Morgan, M., & Signorielli, N. (1986). "Living with television: The dynamics of the cultivation process" in J. Bryant & D. Zillman (Eds.), Perspectives on media effects (pp. 17–40) Hilldale, NJ: Lawrence Erlbaum Associates
  2. McCombs, Maxwell E.; Donald L. Shaw (1972). "The Agenda-Setting Function of Mass Media". Public Opinion Quarterly 36 (2): 176
  3. Noelle-Neumann, E. (1974). The spiral of silence: a theory of public opinion. Journal of Communication, 24, 43-51
  4. Postman, Neil. "The Humanism of Media Ecology". Retrieved 9 November 2012
  5. McLuhan, M.; Fiore Q.; Agel J. (1996). The medium is the massage: an inventory of effects. San Francisco: HardWired. ISBN 978-1-888869-02-6
  6. Encyclopedia of Curriculum Studies

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Pearce, K.J. (2009). Media and Mass Communication Theories. In Encyclopedia of Communication Theory (p. 624-628). SAGE Publications.
  • Hartley, J.: "Mass communication", in O'Sullivan; Fiske (eds): Key Concepts in Communication and Cultural Studies (Routledge, 1997).
  • Mackay, H.; O'Sullivan T.: The Media Reader: Continuity and Transformation (Sage, 1999).
  • McQuail, D.: McQuail's Mass Communication Theory (fifth edition) (Sage, 2005). *Thompson, John B.: The Media and Modernity (Polity, 1995).
  • Griffin, E. (2009). A first look at communication theory. McGraw Hill: Nova York, NY. ISBN 978-0-07-338502-0
  • Babbie, E. (2007). The practice of social research. Thomas Higher Education: Belmont, California. ISBN 0-495-09325-4
  • Braison agesa E'[2013] study of mass communication

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!