A serie está estruturada en capítulos independentes nos que a trama se resolve no mesmo capítulo. O tenente Colombo é un insistente policía da brigada criminal dos Ánxeles, caracterizado cunha vella gabardina, o cigarro permanentemente nos beizos ou nas mans, que guía un coche europeo (Peugeot 403) cheo de aboladuras, afeccionado a comer chili con carne. Ás veces aparece acompañado do seu can (un basset hound) e está casado cunha muller á que habitualmente cita nas súas conversas pero á que nunca chega a verse en pantalla.
Ao contrario que nas series policiais nas que a tarefa do detective é descubrir o autor dun crime, o desenvolvemento de cada episodio de Colombo segue o camiño contrario. O punto de partida é un crime do que os espectadores adoitan coñecer o autor, a continuación o enxeño, a persistencia e minuciosidade na investigación de Colombo levan a tecer unha rede que atrapa ao asasino no clímax final.
Colombo componse de 69 entregas, das cales Steven Spielberg dirixiu a primeira da primeira tempada Asasinato polo libro (Murder by the Book), Steven Bochco escribiu o guión deste episodio emitido na NBC o 15 de setembro de 1971.
Estrelas invitadas
Numerosos actores famosos encarnaron o asasino:
Jack Cassidy (como Ken Franklin en Asasinato polo libro (Murder by the Book), 1971; como Riley Greenleaf en Publish or Perish, 1974; como o Gran Santini en Now You See Him..., 1976),
Robert Culp (tres aparicións no papel de asasino: como Brimmer en Death Lends a Hand, 1971; como Paul Hanlon en The Most Crucial Game, 1972; como Bart Keppel en Double Exposure, 1973; tamén aparece en Columbo Goes to College, 1990),
Eddie Albert (como o xeneral Martin Holliste en Dead Weight, 1971),
Ross Martin (como Dale Kingston en Suitable for Framing, 1971),
Susan Clark (como Beth Chadwick en Lady in Waiting, 1971),
Roddy McDowall (como Roger Stanford en Short Fuse, 1972),
Patrick O'Neal (como Elliot Markam en Blueprint for Murder, 1972),
John Cassavetes (como Alex Benedict no episodio Étude in Black, 1972),
Ray Milland (como asasino interpreta a Jarvis Goodland en The Greenhouse Jungle, 1972; no personaxe de Arthur Kennicut, marido da muller asasinada en Death Lends a Hand, 1971),
Leonard Nimoy (como Dr. Barry Mayfield en A Stitch in Crime, 1973),
Martin Landau (interpreta os irmáns xemelgos Dexter e Norman Paris en Double Shock, 1973),
Vera Miles (como Viveca Scott en Lovely But Lethal, 1973),
Donald Pleasence (como Adrian Carsinien en Any Old Port in a Storm, 1973),
José Ferrer (como o Dr. Marshall Cahill en Mind Over Mayhem, 1974),
Dick Van Dyke (como Paul Galesko en Negative Reaction, 1974),
Patrick McGoohan (catro aparicións: como o coronel Lyle C. Rumford en By Dawn's Early Light, 1974; como Nelson Brenner en Identity Crisis, 1975; como Oscar Finch en Agenda for Murder, 1990; como Eric Prince en Ashes to Ashes, 1998),
Robert Vaughn (como Hayden Danziger en Troubled Waters, 1975; tamén como Charles Clay no papel de vítima nun episodio que se sae do esquema habitual de Colombo Last Salute to the Commodore, 1976),
Oskar Werner (como Harold Van Wick en Playback, 1975),
Janet Leigh (como Grace Wheeler en Forgotten Lady, 1975),
William Shatner (como Ward Fowler en Fade in to Murder, 1976; como Fielding Chase en Butterfly in Shades of Grey, 1994),
Ruth Gordon (como Abigail Mitchell en Try and Catch Me, 1977),
Faye Dunaway (como Lauren Staton en It's All in the Game, 1993),
Richard Basehart, Anne Baxter, Laurence Harvey, Jackie Cooper, Johnny Cash, Richard Kiley, Robert Conrad, George Hamilton, Hector Elizondo, Ed Begley Jr., Tyne Daly, George Wendt, Louis Jourdan, Fisher Stevens, Rip Torn, Billy Connolly, Ian Buchanan e Theodore Bikel.
A propia muller de Peter Falk, Shera Danese, apareceu en seis episodios de Colombo (Fade in to Murder, 1976; Murder Under Glass, 1978; Murder: A Self Portrait, 1989; Columbo and the Murder of a Rock Star, 1991; A Trace of Murder - 25th Anniversary Movie, 1997) .