Colexio Fingoi Unha preparación para a vida[1] |
---|
Colexio Fingoi |
Enderezo |
---|
Rúa da Aviación Española, 37. 27002 Lugo, Galicia |
Datas |
---|
Creación | 1950 |
---|
Educación |
---|
Ensinanzas | Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato |
---|
Xestión |
---|
Tipo | Privado |
---|
Na rede |
---|
https://colexiofingoi.com |
Facebook |
O Colexio Fingoi é un centro de ensino privado da cidade de Lugo, cuxo primeiro director foi Ricardo Carvalho Calero.
Historia
Foi fundado no ano 1950 polo empresario Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico.[2] Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador.[2]
Tivo como primeiro director a Ricardo Carvalho Calero, e como profesores a Anxel Xeán, José Cabanillas, Vicente Devesa, Chicha Fernández, Ana María Pardo Múgica, Luís Gómez Pacios, Carlos Varela Veiga, María Luisa Pumariño Vilela e tamén a Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova.[2]
O colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da cultura galega. Para dignificar a cultura galega e introducila na escola, desde os anos corenta organizou Cursos de Formación para mestres rurais.[2]
No mes de xuño de 2010 tiveron lugar os actos de celebración do 60 aniversario da fundación do colexio.
Arquitectura
O edificio principal foi deseñado polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas