Cogombro do demo

Cogombro do demo

Ecballium elaterium in Gottorfer Codex, 1649-1659
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Benincaseae
Subtribo: Benincasinae
Xénero: Ecballium
Nome binomial
Ecballium elaterium
(L.) A.Rich., Dict. Class. Hist. Nat., 6: 19, 1824
Subespecies
  • dioicum (Batt.)
  • elaterium (L) A.Rich.
Flor e follas.
Elatérico inmaturo de Ecballium elaterium, o cogombro do demo.

O cogombro do demo,[1] ou elatérico[2] (Ecballium elaterium) é unha planta herbácea perenne da familia das Cucurbitáceas, única especie coñecida do xénero Ecballium, xénero que se caracteriza - entre outras cosas - por ser o único da familia que non ten gabiáns.

Descrición

De talos rastreiros, follas en forma de corazón, triangulares, grosas e irregularmente dentadas, cuxo envés é áspero polos seus duros pelos, desagradábeis ao tacto mais non espiñentos. Flores amareladas, lixeiramente acampanadas, duns 2,5 cm de diámetro e cinco pétalos. Froito ovoide pénsil, moi característico, de 4 a 5 cm de lonxitude, sostido por un longo pedúnculo que vai inchando aos poucos até que a presión interior o creba. Polo burato, sairán a presión as sementes, chegando a acadar unha distancia de até tres metros. Cando o froito está maduro, a máis mínimo rozada provoca o estralo pola presión hidroestática.

Distribución

Circum-Mediterráneo, e até Armenia e Macaronesia; en barbeitos, beirís de camiños etc...; algo nitrófila.

Sinónimos

Usos

Toda a planta é tóxica xa que contén elaterina e cucurbitacina que son compostos moi tóxicos de acción purgante. Antigamente os seus froitos foron usados coma menciñas.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogombro.
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. Sinónimos en The Plant List

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!