Coalición SI por Salamanca

Coalición SI por Salamanca
Logo
Ideoloxíarexionalismo
Data de fundación2011
PaísEspaña
Na rede
http://www.coalicionsi.com/
editar datos en Wikidata ]

Coalición SI por Salamanca ou Sumando ilusiones (Sumando ilusións en galego) (Si) foi unha coalición política española creada por partidos salmantinos como Unión del Pueblo Salmantino, Democracia y Regeneración Política e Ciudadanos de Salamanca,[1] alén doutras agrupacións independentes con respecto ás eleccións ás Cortes de Castela e León de 2011. Unidad Regionalista de Castilla y León foi convidada a incorporarse á Coalición, desbotando a formación rexionalista sumarse á Coalición nas Municipais e Autonómicas. Tivo comités en todas as bisbarras de Salamanca e en moitos das súas vilas e cidades.

Obxectivos

A agrupación naceu co obxectivo de xuntar esforzos para poder obter representación tanto a nivel local coma rexional, debido a que a existencia dunha grande diversidade de partidos provocaba que en solitario non acadasen os votos necesarios para obter representación tanto na Deputación Provincial de Salamanca coma nas Cortes de Castela e León.

Resultados electorais

Nas eleccións municipais de 2011, a formación obtivo un total de 4 alcaldías e 69 concelleiros, 16 menos ca as obtidas en 2007 pola Unión del Pueblo Salmantino, que era a principal forza desta coalición.

Asemade non logrou obter representación ningunha nas cortes de Castela e León. Foi disolta após as eleccións

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!