Club Natación Ferrol

Club Natación Ferrol
Tipoclub deportivo
Deportenatación
Data de fundación1990
SedeFerrol
PaísGalicia
Na rede
https://natacionferrol.com/
Facebook: natacionferrol1 Twitter: natacionferrol Instagram: cnferrol Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Club Natación Ferrol ou CNF é un club deportivo galego con base na cidade de Ferrol no que se practica a natación.[1]

Historia

O CNF naceu no ano 1990 co obxectivo de fomentar e impulsar a práctica deportiva da natación en Ferrol. Polo club pasou o pentacampión do mundo de tríatlon, Xavier Gómez Noya, que dende o 2008[2], dá nome á piscina na que o CNF leva a cabo a súa actividade (a Piscina Xavier Gómez Noya, no polideportivo Xavier Gómez Noya, no barrio da Caranza).[1]

O club creou a escola deportiva, na que moitos ferroláns aprenden a nadar. Actualmente o CNF participa en todas as ligas da Federación Galega de Natación e a nivel absoluto na División de Honra da Liga Galega de Clubs, na que participan os mellores Clubs de toda Galicia, así como a nivel nacional en todos os Campionatos de España que se celebran. No ano 2012 recibiu o premio ao mellor Club de Base de Ferrol concedido na Gala do Deporte Ferrolá.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Club Natación Ferrol". Club Natación Ferrol (en castelán). Consultado o 2023-08-28. 
  2. "Ferrol dedicará un polideportivo al tricampeón del mundo Javier Gómez Noya". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-28. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!