O Club Deportivo Guadalajara é un club de fútbol español, da cidade de Guadalaxara. Foi fundado en 1947 e actualmente compite na Terceira División.
Historia
Foi fundado o 30 de xaneiro de 1947, inscribiuse na Federación Castelá de Fútbol o 5 de febreiro dese mesmo ano. O primeiro partido oficial que xogou o Deportivo Guadalajara foi o 26 de xaneiro de 1947, contra o Ávila, no campionato de afeccionados, cultivando un resultado positivo de 2-1. O día 1 de abril de 1970 inaugurouse o campo no que aínda xoga, denominado Pedro Escartín. O himno oficial do Deportivo Guadalajara, composto polo mestre Luís Posadas, presentouse o 18 de xullo de 1985, na primeira rolda da Copa do Rei disputada contra o Rayo Vallecano.
Na tempada 1986/1987, o club queda encadrado no grupo XVIII da Terceira División debido á división de comunidades. A de Guadalaxara foi a única provincia española (ata a tempada 2007-08) que nunca tivo un equipo polo menos en Segunda B. En múltiples ocasións xogou a liguiña de ascenso á Segunda División B, non conseguindo ascender ata a tempada 2006/2007 cando conseguiu o ascenso o día 24 de xuño de 2007 no último partido de promoción contra Las Palmas B pasando a eliminatoria cunha vitoria en casa (2-1) e un empate (1-1) no Estadio Pepe Gonçalvez de As Palmas de Gran Canaria.
Dous xogadores, que posteriormente se fixeron famosos e que chegaron a internacionais na década dos 60, vestiron a súa camiseta: Isacio Calleja e Carlos Lapetra.
Na tempada 2010-11 consegue un histórico ascenso a Segunda División Española.
O 10 de marzo de 2012 consegue a maior entrada da historia no seu estadio "Pedro Escartín" ao recibir ao Deportivo da Coruña, que naquel momento era o líder da categoría[1].
- Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón branco e medias moradas.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias brancos.
Estadio
O actual campo de fútbol é o Pedro Escartín, con capacidade para 6000 espectadores. Atópase situado na rúa Julián Besteiro, con accesos por esta rúa, en Guadalaxara.
Ten este nome en honra a Pedro Escartín Morán (Madrid, 8 de agosto de 1902 - Majadahonda, 21 de maio de 1998) que foi foi xogador, árbitro, e adestrador de fútbol español, ademais de xornalista e escritor.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1
- Tempadas en 2ª B: 4
- Tempadas en 3ª: 46
Xogadores
Cadro 2011/12
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas