Claudia Momoni , nada en Roma o 27 de novembro de 1963 , é unha gravadora , medallista e deseñadora de moedas italiana .
Traxectoria
Logo de se diplomar no Instituto Artístico Estatal en Roma, Claudia Momoni ingresou na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli , da Casa da Moeda do Estado , onde se graduou en 1985 .[ 1]
Logo do seu período formativo comezou a traballar no sector da ourivaría , onde adquiriu experiencia coa estampaxe, o cicelado , a modelaxe en cera , a fundición a cera perdida e o deseño de xoias .[ 1]
Moeda de 500 liras de 1996 conmemorativa do Instituto Nacional de Estatística italiano.
Logo de participar nun concurso de esbozos en 1993 , foi contratada como gravadora no Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato .[ 1]
Obra
Claudia Momoni é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino .[ 1] [ 2]
Entre as súas obras máis populares está o anverso nacional italiano da moeda de 10 céntimos de euro que reproduce a Venus de Botticelli .[ 3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos