Children of Men ten dúas bandas sonoras, unha delas foi composta polo británico John Tavener, e a outra con varias cancións de música popular.
Banda sonora
Varias das cancións que se escoitan durante o filme, como "Total State Machine" de Test Dept, "Omgyjya Switch7" de Aphex Twin, "Anti War Dub" de Digital Mystikz, "War Dub" de Pinch e "Life in a Glasshouse" de Radiohead non están incluídas na banda sonora. Ademais, as cancións "Map of the Problematique" de Muse, "Gimme Shelter" de The Rolling Stones e "Hoppípolla" de Sigur Rós foron empregadas en anuncios de televisión e tráilers pero non aparecen no filme. A canción de Jarvis Cocker "Running the World" é interpretada nos créditos finais.
Fragments of a Prayer from the Motion Picture "Children of Men"
A banda sonora, Fragments of a Prayer, foi composta por John Tavener e estreada polo selo Varèse Sarabande.
O director Alfonso Cuarón describe o "Fragments of a Prayer" de Tavener como "un comentario espiritual no canto dun apoio narrativo." A banda sonora conta coa mezzo-soprano Sarah Connolly e a súa voz é usada como un poderoso motivo musical. Ó contrario que moitos compositores, Tavener non fixo a banda sonora sobre o filme, senón sobre o guión.[1]
A poesía de William Blake aparece na letra de "Eternity's Sunrise", unha obra de Tavener que fora previamente escrita e dedicada á Princesa Diana despois da súa morte.[2]
"Mars" de Gustav Holst é empregada no filme pero non aparece nos álbums.
"Eternity's Sunrise" aparece no filme de Oliver Stone "Savages".
Notas