Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel,[1] é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza.[2] O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado Ser Modou Moudou e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.[3] Converteuse, así, no primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.[4]
Traxectoria
Traballou como profesor de Xeografía e Historia de Francia no ensino secundario en Dakar.[5] En 2003 emigrou do Senegal e asentouse na cidade da Coruña. Fayé presentouse ás eleccións municipais de 2015 na lista do BNG na Coruña. Porén, a súa candidatura foi anulada por non ter a nacionalidade española.[6]
É autor do blog Senegaliza e dende 2016 tamén colabora con artigos de opinión no xornal Sermos Galiza.[7]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas