O Chase XCG-20, tamén coñecido como XG-20 e designado pola compañía MS-8 Avitruc,[1] foi un gran planador de asalto desenvolvido inmediatamente despois da segunda guerra mundial pola Chase Aircraft Company para a Forza Aérea dos Estados Unidos, sendo o planados máis grande construído nese país. O XG-20 non chegaría a entrar en produción debido a un cambio nos requisitos da USAF, porén, foi modificado no exitoso avión de transporte bimotor Fairchild C-123 Provider que tivo un amplo servizo na guerra de Vietnam.[1]