Charleston Big Band é unha das orquestras de variedades máis importantes de Galicia, xunto a outras como París de Noia, Panorama ou Los Satélites.
Foi fundada no ano 1984 por un grupo de amigos integrantes da Banda de Música Municipal de Padrón que decidiron adicarse á música profesionalmente. En 2013 estaba formada por catorce músicos, un técnico de son, un técnico de iluminación e un equipo de montaxe e transporte.
Desenvolven a súa actividade por verbenas, salas de festas, sociedades culturais e televisión, entre outros. Contan para actuar nas verbenas cun dos escenarios móbiles máis grandes da Península Ibérica e un gran despregamento de luz e son.[Cómpre referencia]
Compoñentes 2019
- Rita Barreiro (voz)
- Juanma Noya alias Takito (voz)
- Lucía Rivada (voz)
- José Ángel Albán (voz)
- José Antonio Santana (voz)
- Jesús Lapido (voz e percusión)
- Juan Carlos Méndez (saxos)
- Suso Aboy (guitarras)
- Paco Floriani (baixo)
- Adrián Aragunde (batería)
- Ángel Martínez (teclados)
- Juan Carlos Torres (saxos, frautas)
- Marcos (trompeta)
- Lázaro Daniel Cardoso (trompeta)
Véxase tamén
Ligazóns externas