Charles Lacy Veach, nado en Chicago, Illinois, o 18 de setembro de 1944, e finado o 3 de outubro de 1995, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-39 e STS-52.[1][2]
Traxectoria
Veach graduouse en enxeñaría pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1966. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en maio de 1984, completando o seu adestramento en xuño de 1985. Participou nas misións STS-39 e STS-52, pasando 18,18 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos