Chang'e 5-T1

Chang'e 5-T1
TipoDemostrador tecnolóxico
Contratistas principaisCAST
Data de lanzamento23 de outubro de 2014[1][2][3]
Foguete portadorCZ-3C[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Xichang[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico de sonda lunar.[2][3][4][5]
Decaemento31 de outubro de 2014[1]
NSSDC ID2014-065A

Chang'e 5-T1 foi un satélite de demostración tecnolóxica para unha sonda lunar chinesa de retorno de mostras. Foi lanzada o 23 de outubro de 2014 mediante un foguete CZ-3C desde o centro de lanzamento de Xichang.[1][2][4][5]

Características

Chang'e 5-T1 foi lanzada a unha órbita lunar de retorno libre para probar a tecnoloxía, técnicas e dispositivos necesarios para traer de volta da Lúa unha mostra da superficie.[5][4][2]

A nave estaba composta por un bus e unha cápsula de retorno para simular unha misión real á superficie lunar. Á volta da súa órbita desde as proximidades da Lúa a cápsula de retorno separouse do bus e reentrou na atmosfera terrestre, aterrando en paracaídas e demostrando que funcionaba tal como estaba previsto. O bus tiña forma cúbica, de 2,0 x 1,7 x 2,2 m e está baseado no bus DFH-3, usando un par de paneis solares para xerar enerxía. Nun dos laterais do bus atopábase a cápsula de retorno con forma hemisférica e uns 335 kg de masa.[5][4][2]

Chang'e 5-T1 foi posta en órbita mediante un foguete Longa Marcha 3C e inxectada nunha órbita translunar, achegándose a un mínimo de 11.300 km da Lúa o 27 de outubro e volvendo cara a Terra. A uns 5000 km da Terra a cápsula separouse do bus, facendo unha reentrada dobre o 31 de outubro coa finalidade de disipar enerxía no primeiro contacto coa atmosfera (a unha velocidade duns 11 km/s) para reentrar definitivamente a menor velocidade. A cápsula foi recuperada en Siziwangqi, na Mongolia Interior. O bus quedou en órbita tras pasar preto da Terra. Tras un par de manobras posicionouse no punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Lúa para despois abandonalo e entrar en órbita lunar a unha altura de 200 km para facer diversas probas.[5][4][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2022). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHANGE E 5-T1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Chang'e 5-T1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 31 January 2017 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-01771 (E)). 22 de marzo de 2017: 6. Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Chang'e 5-T1 (CE 5-T1)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2022). "Chang'e-5" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!