Santa María de Chaián[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 515 habitantes (258 homes e 257 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.
Patrimonio
Área de recreo de Chaián. Situada na marxe do río Tambre, ten varias illas unidas por pontes de madeira.
Ademais da igrexa parroquial de Santa María, do século XVIII con restos medievais,[2] existe a ermida de Augas Santas.[3].