Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O cervo do padre David[2] (Elaphurus davidianus), é unha especie de cervo que se atopa maioritariamente en catividade. Este animal semiacuático prefire as marismas, e é nativo da China subtropical. Aliméntanse de gramíneas e plantas acuáticas. É o único membro existente do xéneroElaphurus. Baseándose en comparanzas xenéticas, o cervo do padre David está estreitamente relacionado co xénero Cervus, o que leva ós investigadores a suxerir a fusión dos xéneros Elaphurus e Cervus,[3] ou clasificar Elaphurus como un subxénero de Cervus.[4]
Como o órix branco foi reintroducido en liberdade con certo éxito, o cervo do padre David é o único mamífero extinto en liberdade.