En encimoloxía, unha celulosa sintase (formadora de GDP) (EC 2.4.1.29) é un encima que cataliza a seguinte reacción química:[1]
- GDP-glicosa + (1,4-beta-D-glicosil)n GDP + (1,4-beta-D-glicosil)n+1
Así, os dous substratos deste encima son a GDP-glicosa e a (1,4-beta-D-glicosil)n, mentres que os seus dous produtos son o GDP e (1,4-beta-D-glicosil)n+1.[2][3]
Este encima pertence á familia das glicosiltransferases, especificamente as hexosiltransferases. O nome sistemático desta clase de encimas é GDP-glicosa:1,4-beta-D-glucano 4-beta-D-glicosiltransferase. Outros nomes de uso común son: celulosa sintase (formadora de guanosín difosfato), celulosa sintetase, guanosín difosfoglicosa-1,4-beta-glucano glicosiltransferase e guanosín difosfoglicosa-celulosa glicosiltransferase. Este encima participa no metabolismo do amidón e a sacarosa e na síntese de celulosa.[4]
En 2019 non se coñecían proteínas con esta actividade nas bases de datos UniProt/NiceZYme ou en gene ontology.
Non se debe confundir coa celulosa sintase (formadora de UDP), que utiliza a UDP-glicosa e é o principal encima sintetizador de celulosa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos