Celtic punk

Celtic punk
Orixe musicalPunk rock, Rock celta
Orixe culturalComezos dos 80 no Reino Unido e nas nacións celtas.
Instrumentos típicosVoz - Guitarra - Baixo - batería - Gaita - Whistle - Violín - Banjo - Mandolina - Acordeón
Subxéneros
Punk gaélico
Escenas rexionais
Música celta

O celtic punk, tamén coñecido como punk celta ou punk folk, (e con menos notoriedade tamén se refire a este tipo de música como paddybeat, celtcore, jig punk ou rock and reel) é unha música xeralmente asociada a punks irlandeses e dos diversos países denominados celtas, como escoceses, galeses ou bretóns.

Orixes

Durante os anos 60 e 70 en Gran Bretaña e Irlanda, xurdiron dúas bandas de folk rock moi importantes como The Dubliners e The Clancy Brothers. Tamén merece especial mención a banda escocesa The Skids, que foron a primeira banda británica de punk en introducir un instrumento musical de orixe celta na súa música.

É entón cando en 1982 Shane MacGowan funda a banda The Pogues, a primeira en mesturar música celta con punk rock. The Pogues son a primeira banda denominada punk celta e a máis importante. Tras o seu éxito saíron á escena musical outras agrupacións como os británicos The Men They Couldn't Hang e Nyah Fearties e os australianos Roaring Jack.

Características

O punk celta inclúe normalmente nas súas bandas instrumentos clásicos como a guitarra, o baixo e a batería. Pero tamén son case indispensables a gaita (fundamental), o whistle, o violín, banjo, mandolina ou o acordeón para conseguir dar ao punk as melodías irlandesas tan características do xénero.

As principais escenas do movemento ao longo da súa historia sucedéronse en grandes urbes de importante influencia de inmigrantes irlandeses como en Glasgow, Londres, Boston, Os Ánxeles, Nova York e Chicago. A temática foi moi particular, primando a exaltación patriótica da nación de Irlanda, a clase obreira e as bebidas alcohólicas (o seu amado whiskey) que provocou que moitas das bandas e afeccionados alcumasen o xénero como Irish Punk Drunken Music (música punk de borrachos irlandeses).

Actualidade

A escena punk celta na actualidade está copada de varios grupos. Destacan, principalmente dúas bandas: os estadounidenses Flogging Molly e Dropkick Murphys. No entanto, é un xénero presente en todo o mundo, como demostran os canadenses Real McKenzies, os australianos The Rumjacks, os alemáns Fiddler's Green, os húngaros Paddy and the Rats, os ingleses Smokey Bastard, os canadenses The Dreadnoughts e os suecos Sir Reg.

Os comezos e mediados da década dos 90 foron moi produtivos, producíndose unha segunda onda (máis que en número, en calidade) de grupos que fusionan punk con música celta, do mesmo xeito que ocorreu a comezos dos 80. Esta vez a escena foi nos Estados Unidos e o Canadá, con grupos de antepasados irlandeses como os anteriormente citados. Os tres están baixo o selo das discográficas máis importantes do punk como Fat Wreck Chords, Hellcat Records (filial da xigantesca Epitaph) ou SideOneDummy Records.

En Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!