Celestino Garrido Garrido, nado en Malpica de Bergantiños cara a 1907 e finado en Chile, foi un patrón de barco galego.
Traxectoria
Irmán de Jesús e Ramón Garrido Garrido. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Pasou á zona leal, e ao remate da guerra foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Marchou a Chile no Winnipeg[1] e logo a Chimbote (Perú). Instalouse en Ilo.[2]
Vida persoal
Casou en Chile con María Álvarez León e foi pai de Rosa Garrido Álvarez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas