Celestino Buján Suárez, nado en Argalo (Noia) en 1859[1] e finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1927,[2][3] foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Iniciou a súa profesión de mestre en 1878. Foi mestre nacional nas escolas elementais de Cesuras (1878-1882), Serantes (1882-1887) e Lugo (1887-1893). Desde marzo de 1893 traballou como mestre interino do Colexio de Xordomudos e Cegos de Santiago de Compostela, obtendo a praza en propiedade en 1900. Despois foi profesor auxiliar e, desde o 11 de febreiro de 1897, secretario da Escola Normal de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu en 1892 a revista de primeiro ensino El Mensajero (Lugo) e dirixiu El Magisterio Gallego. Tamén colaborou con outros xornais, como La Idea Moderna (Lugo).
Notas
- ↑ Marco López e Porto Ucha (2000): p.250-251.
- ↑ El Compostelano, 6-4-1927, p.2.
- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 27-4-1927, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía