Ceferino Valencia Novoa, nado en Ourense e finado en Vilagarcía de Arousa o 1 de outubro de 1990[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Gustavo Valencia Pérez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu con Francisco Álvarez de Nóvoa o periódico ourensán La Voz Pública (1915-1918), exerceu como director de La Ciudad (1917-1918) e despois dirixiu o semanario satírico La Billarda (1920-1921). En 1923 foi vicesecretario xeral da Xefatura da Policía de Madrid. En 1946 foi nomeado Director Xeral de Jurusdicción del Trabajo e en 1950 foi nomeado Presidente do Tribunal Central del Trabajo.
Vida persoal
Casou en 1929 con Ana María Campuzano Ibáñez, filla do pintor Tomás Campuzano Aguirre.
Recoñecementos
Foi nomeado fillo predilecto de Ourense en 1952.[2]
Notas
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ "Medio centenar de personas han recibido honores del Concello", La Voz de Galicia, Ourense, 30-8-1994, p. 32.