Cazaría salvaxe

Odín, un dos principais protagonistas da Cacería salvaxe en variacións escandinavas. Ilustración de 1886 por Georg von Rosen.

A cazaría ou cacería salvaxe é un mito do folclore europeo, presentado en varias formas, no norte, oeste e parte central do continente[1]. A premisa fundamental de todos os casos era sempre a mesma: un grupo fantasmal de exploradores ataviados con indumentaria de caza e acompañados de cabalos, cans rastrexadores etc., nunha desenfreada persecución a través dos ceos, ao longo da Terra ou por enriba dela.[2] Frecuentemente, era unha forma de explicar as tormentas.

Os cazadores eran comunmente mortos, ánimas perdidas, deidades ou espíritos de ambos os dous sexos[3], e podían estar liderados por unha figura histórica ou lendaria como Teodorico o Grande, Carlomagno, o rei Artur, o rei danés Valdemar Atterdag, o *Wōđinaz dos[1]xermanos do Oeste (ou outras derivacións deste deus como o alamán 'Wuodan' ou o Wuotis Heer do centro de (Suíza) ou o céltico.

Tivo diversos nomes ao longo de todos os lugares e tempos por onde pasou: Wild Hunt, Woden's Hunt, the Raging Host (Alemaña), Herlathing (Inglaterra),, Mesnee d'Hellequin (norte de Francia), Cŵn Annwn (Gales); Cain's Hunt, Ghost Riders, Herod's Hunt, Gabriel's Hounds, Asgardreia (Norteamérica); e mesmo en Cornualla chámase the devil's dandy dogs[4].

A cazaría salvaxe era vista tamén como un presaxio dalgunha catástrofe vindeira, como unha praga ou unha guerra, ou, polo menos, da morte daquel que observara o devandito evento. As persoas que estivesen no camiño e se topasen coa 'cazaría' podían elixir entre dúas opcións: botarse ao chan e sentir como as patas dos animais lle pisan as costas, ou deixarse levar pola expedición de caza, correndo o risco de ser depositado lonxe da súa casa ou morrer durante a furiosa arremetida dos personaxes malvados e pasar a ser outro integrante máis desta[5]. Unha nena que viu a un antigo líder anglosaxón foi advertida polo seu pai de taparse os ollos para evadir a visión[6]. Outros crían que os espíritos das persoas podían ser sacados dos seus corpos durante o soño para participar da cabalgata[7].

Temática

Contrariamente á maioría das lendas, que non necesitan ter un punto de saída real e «racional», a caza fantástica encontra sen ambigüidade a súa orixe no pavor causado polo barullo de tormentas nocturnas. Este tema é pois moi antigo e os seus desenvolvementos tanto máis diversificados.

Idade Media

Unha máscara representativa da divindade xermanica Perchta, unha seguidora de[8], líder, algunhas veces, da cazaría salvaxe.

As lendas medievais que teñen como eixe central a idea da cazaría salvaxe proveñen na súa maioría de Alemaña. San Guthlac de Croyland, santo cristián (683-714) e Hereward o Proscrito, xefe de rebelión contra invasión de Inglaterra polos normandos e considerado fora da lei despois de 1055, son algunhas das figuras históricas relacionadas por ese entón coa lenda. Na historia de Orderico Vital, o autor menciona unha cabalgada vista en xaneiro de 1091, á que chama "tropa do Arlequín". Tamén hai testemuños de Inglaterra; do século XII, chéganos unha pasaxe da Crónica de Peterborough] onde o cronista testemuña a aparición da cazaría. Os líderes eran coñecidos por moitos nomes, como Wōden (Wōđinaz anglosaxón), (ou os compañeiros de San Nicolás), Perchta, Holda e Satanás. Outro aspecto que o líder da cazaría podía tomar era dun esqueleto azul ou dun esqueleto irradiando un arreguizo de luz azul. Mentres que este tipo de cazarías eran rexistradas por monxes e interpretadas como manifestacións propiamente demoníacas, na narrativa medieval tardía inglesa como Sir Orfeo os cazadores proviñan dun mundo de mouras e a súa cazaría salvaxe contiña máis elementos da mitoloxía anglosaxoa. Os seus líderes eran, case sempre, o rei Artur, o rei Herla[9] o mago Gwydion (da mitoloxía céltico británica), Gwynn ap Nudd (mitoloxía céltico galesa), o deus Nuada (mitoloxía céltico irlandesa), Wōden (mitoloxía nórdica) e Herne o Cazador (anglo rebelde a invasión normanda de Inglaterra). Igualmente, moitas historias cóntanse en tales obras sobre as orixes das cazarías.

Notas

  1. 1,0 1,1 Schön, Ebbe. (2004). Asa-Tors hammare, Gudar och jättar i tro och tradition. Fält & Hässler, Värnamo. ISBN 91-89660-41-2 pp. 201-205.
  2. Katharine Briggs, An Encyclopedia of Fairies, Hobgoblins, Brownies, Boogies, and Other Supernatural Creatures, "Wild Hunt", p 437. ISBN 0-394-73467-X
  3. K. M. Briggs, The Fairies in English Tradition and Literature, p 49-50 University of Chicago Press, London, 1967
  4. "Encyclopaedia of the Celts: Devil's Dandy Dogs - Diuran the Rhymer". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2006. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 
  5. Procesións dos mortos : os exércitos das tebras, por Scott Corrales
  6. Katharine Briggs, An Encyclopedia of Fairies, Hobgoblins, Brownies, Boogies, and Other Supernatural Creatures, "Infringement of fairy privacy", p 233. ISBN 0-394-73467-X
  7. Ronald Hutton, The Pagan Religions of the Ancient British Isles: Their Nature and Legacy, p 307, ISBN 0-631-18946-7
  8. Perchta na Wikipedia en inglés.
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 08 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!