Catro vodas e un funeral (en inglés: Four Weddings and a Funeral) é un filme británico de 1994 dirixido por Mike Newell. É o primeiro de varios filmes do guionista Richard Curtis nos que aparece Hugh Grant, e conta as aventuras de Charles (Grant) e do seu círculo de amigos a través de varios eventos sociais. Andie MacDowell interpreta a Carrie, o interese amoroso de Charles, e o elenco complétase con Kristin Scott Thomas, James Fleet, Simon Callow, John Hannah, Charlotte Coleman, David Bower, Corin Redgrave e Rowan Atkinson.
Estreouse en galego o 29 de xullo de 2000 na TVG.[2]
Sinopse
Charles e os seus amigos, todos solteiros e sen compromiso, chegaron a unha idade en que os seus coñecidos comezan a contraer matrimonio. Nunha das cerimonias, á que están todos convidados, Charles coñece a Carrie, unha moza estadounidense da que se namora inmediatamente, mais despois de pasar a noite xuntos non volven verse. Terán que agardar á seguinte voda, en que Carrie presenta a Charles ao seu prometido.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas