Caterine Ibargüen Mena, nada en Apartadó o 12 de febreiro de 1984, é unha atleta colombiana de salto de lonxitude, salto de altura e triplo salto, especialidade na que ostenta unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016, dúas medallas de ouro en campionatos mundiais de atletismo, unha de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e un título panamericano. Por outra banda, logrou seis Trofeos de diamante, tres triunfos na Copa Continental da IAAF e nos Xogos Suramericanos Ibargüen conquistou un total de cinco medallas de ouro, tres de prata, e cinco de bronce.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas