Casto Martínez Parada, nado en Trascastro (O Incio) o 23 de xuño de 1883 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 28 de xullo de 1941, foi un traballador galego.
Traxectoria
Foi traballar aos Altos Hornos no País Vasco. Delatado polo seu compromiso coa República, tivo que escapar e pediu asilo en Francia. Foi un dos 927 españois aos que os alemáns meteron nun convoi en Angoulême o 20 de agosto de 1940 coa súa muller Genoveva Maza Ruiz e as súas fillas con destino a Mauthausen. Casto foi asasinado o 28 de xullo de 1941 no subcampo de Gusen, nun lugar coñecido como "a bañeira", onde a xente morría por conxelación. A muller e as fillas foron devoltas a Angoulême.
Véxase tamén
Ligazóns externas