Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María.
Historia
A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico da localización xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña.
Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila.
Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o máis pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliouse cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas[3].
A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza.