O Castelo de Peñaranda de Duero é unha fortaleza situada sobre un outeiro das proximidades do núcleo burgalés de Peñaranda de Duero.
A súa primeira construción data do século XI, co fin de frear o avance árabe, e facilitar a súa expulsión da península durante a Reconquista. A construción seguiu o deseño do Castelo de Peñafiel.
No centro, sobresae a torre da homenaxe, de planta cadrada, que conta con catro pisos de vigas de madeira[1]. A antiga muralla, da que se conservan escasos paramentos, tiña un gran grosor, e protexía o castelo e o casarío actual.
Da construción, o aspecto máis interesante é a perfección das súas proporcións, o cal converte o Castelo de Peñaranda nunha das mellores construcións históricas da provincia de Burgos.
O 3 de xuño de 1931 o conxunto formado polo Castelo, o Pazo de Abeledo, e a propia vila de Peñaranda de Duero, foi declarado Monumento Histórico Artístico, sendo un dos lugares de maior interese turístico de Burgos. Posteriormente o castelo foi protexido polo Decreto do 22 de abril de 1949 e a Lei 16/1985 sobre patrimonio histórico español.
Ligazóns externas
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 02 de febreiro de 2015.