O castelo de Fénis, localizado na comuna homónima e na beira dereita do río Dora Baltea, é o principal do Val de Aosta e unha das máis notables fortalezas desta rexión. Excepcional pola súa arquitectura escenográfica, con numerosas torres e unha dobre muralla con ameas que envolve o edificio central, representa perfectamente o arquetipo de castelo rexo, e é unha das maiores atraccións turísticas do val.[1]
Ó contrario doutras fortalezas do lugar, como Verrés e Ussel, construídas no cumio dun outeiro rochoso para mellorar a súa defensa, o castelo de Fénis está nun terreo totalmente privado de defensas naturais. Este feito fai pensar que a súa principal función fose a de prestixiosa sede administrativa da familia nobre da rexió, os Challant-Fénis, e que, mesmo a dobre muralla, teña unha función ostentosa, para intimidar e sorprender á poboación. De feito, non padeceu xamais, que se saiba, ningún ataque nin asedio.[2][3] Malia isto, o castelo de Fénis posúe excelentes mostras das técnicas defensivas da época.
Notas
- ↑ Assessorato Istruzione e Cultura (2000-2001, actualizada o 30/12/2004). Regione Autonoma Valle d'Aosta (RAVd'A), ed. "Introduzione". Castello di Fénis. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de maio de 2011.
- ↑ Sito ufficiale per il turismo - Comune di Fénis (ed.). "Castello di Fénis. La difesa" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ Courmayeur-Mont-Blanc, ed. (01/12/2002). "Il castello di Fénis". I castelli in Valle d'Aosta (en italiano). Consultado o 6 de maio de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas