O castelo de Cedofeita foi un castelo medieval situado na parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra.
A construción orixinal consistía nunha atalaia defensiva na pendente dun outeiro, dominando a ría de Pontevedra, na contorna da ruta Tui-Santiago. Probablemente este castelo estivese construído sobre as estruturas dunha construción castrexa anterior.[1]
Historia
Tense constancia por vez primeira do castelo de Cedofeita no ano 916, nunha doazón do rei Ordoño II e a raíña Elvira ao abade Guntado do mosteiro de Lérez[1]. Nesa doazón, referíase ao castelo co nome de Citofacta, tal e como se mencionaba nunha das súas inscricións:
In primis ponimus Cautum per Portum de Elva, et inde per terminos de Guigílde, et inde ad Petram scriptam quae est in muro de Citofacta…[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos