Castelo de Bojnice

Castelo de Bojnice
Cultural Heritage Monuments of Slovakia
ConcelloBojnice
Coordenadas48°46′48″N 18°34′40″L / 48.779963, 18.577688
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalMedieval (século XII)
Estilo actualRomántico (Reconstruído en 1889-1910)
Estado actualMuseo aberto ao público
Véxase tamén
Castelos de Eslovaquia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Bojnice (en eslovaco Bojnický zámok, en húngaro: Bajmóci vár) é un castelo medieval da vila de Bojnice, en Eslovaquia. Trátase dun castelo construído no século XII, pero trala súa reconstrución no século XIX, actualmente presenta un estilo romántico conservando algúns elementos orixinais da arquitectura gótica e do Renacemento. En 1970 foi declarado como Monumento Cultural Nacional e é un dos castelos máis visitados de toda Eslovaquia, recibindo milleiros de visitantes cada ano. Tamén é un escenario moi popular para a rodaxe de filmes fantásticos e de contos de fadas.

Parque do castelo

Tileiro do Rei Matthias, unha das árbores máis vellas de Eslovaquia cuns 700 anos de idade.

O castelo está arrodeado por un parque no que se atopan numerosas especies de árbores. O parque tamén contén o Zoo de Bojnice, o máis antigo e un dos máis visitados do país. Ademais, o parque do castelo continúa en forma de bosque nos Montes Strážov.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!