O Castelo de Alaejos é unha fortaleza de orixe medieval situada na poboación de Alaejos (provincia de Valladolid). Na actualidade aínda se poden visitar as ruínas do castelo, que se converteron nun depósito arqueolóxico.
Historia
A fortaleza foi construída en 1453 por orde do bispo de Ávila, Alonso de Fonseca, quen tamén mandou levantar o castelo de Coca. Entre os seus muros estivo encerrada a raíña de Castela Xoana de Portugal, nai de Xoana a Beltranexa e muller de Henrique IV de Castela. En 1673 atopábase xa en ruínas. Na primavera do ano 2011 realizouse a escavación de sondaxes arqueolóxicas na fortaleza.