O carrán rosado (Sterna dougallii) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae.
Morfoloxía
Ten unha lonxitude de 33 – 36 cm e unha envergadura de 67 –76 cm.
En plumaxe de verán, o carapucho e a caluga son negros, mentres en inverno o carapucho está manchado de branco.
Partes superiores gris perla pálido. Partes inferiores brancas que en verán toman un ton rosado. Coxas brancas. Cola branca, longa e profundamente bifurcada.
Peteiro vermello na base e escuro na punta. Adoita ser completamente negro en inverno. Patas vermellas escuras.
Características
Trátase dunha especie moi semellante ó resto dos carráns. Presenta unha plumaxe máis clara, case branca en voo, co peito lixeiramente rosado e as patas avermelladas. Os inmaturos son máis escuros. Cría comunalmente en praias e illas.
Distribución
É unha ave escasa en Europa. Unicamente observable na Península Ibérica e resto de Europa Occidental durante as épocas migratorias, e con presenza non confirmada todos os anos.