Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carracedo.
Carracedo é un lugar da parroquia de Soutolongo, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 22 habitantes (11 homes e 11 mulleres) o mesmo número de habitantes que no ano 2000.
O monte Agro é o lugar máis alto do lugar, conta con sobreiras de aproximadamente 60-70 anos de antigüidade.
Está comunicado pola estrada PO-534.
Lugares e parroquias
Lugares de Soutolongo
Parroquias de Lalín