Carolina Borges Veloso, nada en Ganceiros[1] (Torno, Lobios) en 1984, é unha educadora social e política galega.
Traxectoria
Diplomada en Educación Social e licenciada en psicopedagoxía, formou parte dun equipo de investigación na Universidade de Vigo. Foi membro dos Comités Abertos da Facultade e do comité universitario de calidade dos estudos de psicopedagoxía. Compaxina o seu labor investigador co traballo de técnica en intervención social nun grupo de intervención multidisciplinar na cidade de Ourense. Completou a súa formación en países como Alemaña ou o Reino Unido.
No ano 2009 recibiu o premio Internacional de Investigación Patrimonio Cultural[1].
Notas