Carmen Méndez, nada en Neira de Rei, Baralla, en 1979, é unha actriz galega.[1]
Traxectoria
Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.[2]
En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal) (Sección Televisión).[3]
En televisión traballou na serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes principais da serie da TVG Saudade de ti.
En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.[4]
Filmografía
Cine
Ano
|
Título
|
Director/a
|
Personaxe
|
2023
|
Asteroid City
|
Wes Anderson
|
Seminar Actor
|
2021
|
Tres
|
Juanjo Giménez Peña
|
Neuróloga
|
2020
|
María Solinha
|
Ignacio Vilar
|
Ana de Castro
|
2018
|
Bad Investigate
|
Luis Ismael
|
María
|
2016
|
Pelerinaxes
|
Simone Saibene
|
Luzía
|
Series de televisión
Ano/s
|
Serie
|
Canal
|
Personaxe
|
Notas
|
2022-2023
|
Saudade de ti
|
TVG
|
Mónica
|
120 capítulos
|
2022
|
Élite
|
Netflix
|
Avogada
|
1 capítulo
|
2020-2021
|
Auga Seca
|
Rtp1 e TVG
|
Magdalena
|
14 capítulos
|
2014-2018
|
Pazo de familia
|
TVG
|
Rita
|
103 capítulos
|
2018
|
Serramoura
|
TVG
|
Berta
|
2 capítulos
|
2014
|
O Faro
|
TVG
|
Xuíza
|
1 capítulo
|
2013
|
Inseguridad Social
|
Piloto TV
|
Iria
|
1 capítulo
|
2013
|
A Milagrosa
|
Piloto TV
|
Iria
|
1 capítulo
|
Curtametraxes
Ano
|
Título
|
Director/a
|
2023
|
Mussol
|
Juanjo Giménez Peña
|
2019
|
Malcavada
|
Antonio Mourelos
|
2018
|
El rastro del cazador
|
David Salgado
|
2015
|
La fiesta
|
Simone Saibene
|
2014
|
Action Painting
|
Olalla Méndez
|
2014
|
Nadie la ve
|
Carla Nimo
|
2013
|
Las cartas vienen de París
|
Alicia Rodríguez, Hadrián Rodríguez e Lucía Rodríguez
|
2013
|
Pompas de xabón
|
Stefan Varela
|
2009
|
Muñecas
|
Rosa Márquez
|
Teatro
- 2023-Act: As R(h)umorosas, espectáculo de humor de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
- 2021: Sen restricións. Dir. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
- 2019: Outras Químicas (monólogo). Dir. Carmen Méndez
- 2013: Escenas Chejovianas. Dir. Carlos Villarino.
- 2013: As marxes da desgraza. Dir. Santiago Cortegoso.
- 2013: Fin de Trayecto. Dir. Carlos Villarino.
- 2008: Vinum Sabatti. Dir. Gretha Omey.
- 2005: La felicidad completa. Dir. Antonius Bloc.
Premios
Ano
|
Categoría
|
Película/Serie
|
Resultado
|
2017
|
Mellor actriz secundaria
|
Pazo de Familia
|
Nomeada
|
2016
|
Mellor actriz secundaria
|
Pazo de Familia
|
Nomeada
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas