Carmen Beceiro, nada en Fene, foi unha escritora galega da segunda metade do século XIX.
Traxectoria
Filla de Manuel Beceiro Freire, contramestre maior.[1] Casou con Eduardo Pato Martínez e foi coñecida como Carmen Beceiro de Pato. Colaborou en El Fin del Siglo, El Compostelano, Galicia Recreativa, Revista Gallega e La Ilustración Ibérica e El Camarada (de Barcelona). Foi nomeada académica correspondente da Real Academia Galega en 1906.[2]
Obra
- El marino (novela; segunda edición de 1887)[3]
- La bella aldeana (novela; 1889)[4]
- La sortija del negro (novela; 1890)
- Zarzamoras (poesía; 1890)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía