Carlos Escaleras

Modelo:BiografíaCarlos Escaleras
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata
Tocoa, Honduras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Tocoa, Honduras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocratic Unification Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Carlos Escaleras Mejía, nado o 10 de agosto de 1958 e finado o 17 de outubro de 1997, foi un político hondureño e activista do medio ambiente.[1]

Traxectoria

Escaleras foi fillo de José Andrés Escaleras e Ofelia Mejía, a mediados da década de 1990 comezou a coordinar accións contra o famoso empresario Miguel Facussé Barjum que pretendía instalar unha planta de extracción de aceite de palma cerca do río Guapinol, o que sería unha enorme carga para polo menos cinco comunidades máis algunhas veciñanzas de Tocoa.[2]

En 1997 liderou protestas contra o coronel Aldana, comandante do Batallón de Infantaría XV, que, por intereses persoais, impediu o acceso á auga aos habitantes de Chapagua, Agua Amarilla, Aguán e outras poboacións.

En agosto de 1997 foi ameazado polo coronel Aldana.[3] En 1997 Escaleras foi nomeado para ser candidato a alcalde de Tocoa en representación do Partido Unificación Democrática para as eleccións dese ano.

Asasinato

Carlos Escaleras faleceu o 18 de outubro de 1997, en horas da tarde, cando foi alcanzado por disparos con arma de fogo, mentres asistía á súa empresa de lavado de autos, situado no centro da cidade de Tocoa.[4]

Feitos posteriores

Entre os principais sospeitosos do asasinato de Carlos Escaleras, estaban Orlando Martínez, Lucas García Alfaro e Óscar Sosa. Deles, só Lucas García Alfaro foi condenado a 17 anos de prisión, en sentenza de data 16 de outubro de 2002. Posteriormente, o entón ente investigador Departamento General de Investigación Criminal (DGIC) conseguiu unha declaración xurada do notario público de García Alfaro, na que sinalaba como autores intelectuais do asasinato, a Salomón Martínez, Juan Ramón Salgado, Aldo Augusto Aldana e Miguel Facussé. O Xuíz Rogelio Clara que coñecía a causa, non admitiu esa declaración como proba. Miguel Facussé e unha executiva de negocios, Irene Castro, foron acusados e testificaron a súa participación nos feitos.[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!