O Caproni-Bergamaschi Ca.309 Ghibli (vento do deserto) foi un bombardeiro lixeiro italiano da segunda guerra mundial. Desenvolveuse a partir do transporte lixeiro Ca.308 Borea (vento do norte). Antes da guerra estivo destinado a tarefas de policía no norte de África. Cando foron quedando obsoletos foron usados como transportes lixeiros e avións de comunicacións.
Fabricouse paralelamente ao Caproni Ca.310, co que compartía a célula, pero este último tiña mellores motores e tren de aterraxe retráctil, co cal as súas prestacións eran superiores.