Canle Brabantse Turfmarkt (Delft)

Modelo:Xeografía físicaCanle Brabantse Turfmarkt
Imaxe
Tipocanle
rúa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDelft, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°00′33″N 4°21′41″L / 52.00928, 4.36129

Brabantse Turfmarkt é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona antiga da cidade surholandela de Delft, nos Países Baixos. Cara ao sur, esta canle conflúe coa canle Achteron.

Historia

O nome desta canle débese á turba (neerlandés: turf) que se esparexeu pola súa rúa anexa e que foi traída da provincia de Brabante.[1]

Esta canle formaba parte no século XIII do límite oriental de Delft, determinado por unha vía principal constituída polas canles Achterom, Brabantse Turfmarkt, Burgwal e Verwersdijk.[2]

A parte norte de Brabantse Turfmarkt e a zona de Burgwalgracht foron ocupadas en 1860 para aumentar o espazo dispoñible para o mercado de gando que se celebraba na praza Beestenmarkt.

Actividade comercial

Todos os xoves hai un mercado de flores en Brabants Turfmarkt.[3] No sitio web oficial do Concello de Delft (en neerlandés) Ademais, os sábados de 9:00 a 17:00 celébrase alí un popular mercado de produtos da horta.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!