Cando sopra o vento (en inglés: When the Wind Blows) é un filme británico de 1986 dirixido por Jimmy Murakami. Baséase na banda deseñada homónima de Raymond Briggs. Conta coas voces de John Mills e Peggy Ashcroft para as dúas personaxes principais e a música é de Roger Waters.
O filme foi a segunda colaboración de Briggs con TVC, despois dos seus esforzos por un especial baseado noutra obra del, The Snowman, en 1982. Foi distribuído por Recorded Releasing no Reino Unido, e por Kings Road Entertainment nos Estados Unidos de América. A seguinte novela gráfica de Briggs, Ethel and Ernest (1998), deixa claro que Briggs baseou a parella protagonista en Cando sopra o vento nos seus propios pais.
Cando sopra o vento é un híbrido entre a animación tradicional e a stop motion. As personaxes de Jim e Hilda Bloggs están feitos a man, mais o seu fogar e a maioría dos obxectos nel están animados con stop motion. A banda sonora contén música de David Bowie (que interpreta a canción principal), Roger Waters, Genesis, Squeeze, Hugh Cornwell e Paul Hardcastle.
Estreouse en galego o 15 de xuño de 1990 a través da TVG.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas