Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
O filme recibiu críticas maioritariamente positivas[2] e foi un éxito nos portelos de América do Norte, recadando máis de 266 millóns de dólares en todo o mundo.[1] Pola súa interpretación, Keaton gañou un Globo de Ouro, un Satellite, así como un nomeamento ós Premios Oscar e ó SAG á mellor actriz, entre outros recoñecementos. Nicholson tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical. Este foi o segundo filme de Nicholson e Keaton xuntos dende Reds en 1981.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas