Canción sin nombre é un filme peruano de 2019 dirixido por Melina León. Estreouse na sección "Directors' Fortnight" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019.[1][2] Foi escollido como candidato do Perú para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Sinopse
O xornalista Pedro Campos (Tommy Párraga) investiga a misteriosa desaparición do bebé acabado de nacer dunha muller de Ayucucho, Georgina Condori (Pamela Mendoza Arpi) que migra a Lima por mor do terrorismo que azota a súa rexión.[4]
Georgina busca axuda na comisaría e no Palacio de Xustiza sen atopala, mais chega ás oficinas do xornal local onde Pedro Campos toma o seu caso.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas