Can (homónimos)
O termo can pódese referir a:
Fauna
- Can, mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos (Canis lupus familiaris), do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é utilizado polo ser humano en múltiples funcións. O feminino é cadela.
- Can de palleiro, raza de can de Galicia, ou tamén cruzamento de moitas razas, can palleirán. /
- Can doente, o que ten a rabia.
- Can sen dono, can vagabundo.
- Can, figurativamente, persoa sen amigos.
- Can vello, figurativamente, home astuto e con experiencia, capaz de enganar e enredar ás mulleres.
Ferramentas
- Can, aparello con forma de angazo que se vai arrastrando polo fondo do mar para apañar determinados mariscos como ameixas, berberechos ou longueiróns, que vai recollendo nunha rede que leva detrás.
Numismática
- Can, antiga moeda de dez céntimos. Can grande, pataco patacón. Tamén antiga moeda de cinco céntimos. Cadela, can pequeno, carocha.
Título nobiliario
- Can, título dos soberanos tártaros ou mongois, khan.
Música
Hidronimia
- Río Can, un río de Essex, no Reino Unido.
Astronomía
Outros
Véxase tamén
|
|