Os campos de internamento en Francia foron campos de concentración estabelecidos polas autoridades francesas para encerrar a preto de 550.000 españois que fuxiron da represiónfranquista cara a Francia tras a Guerra Civil Española. A maioría construíronse a fume de carozo preto da fronteira en forma de barracóns ou zonas vixiadas baixo a intemperie, e non dispuñan dunhas mínimas condicións hixiénicas. Aos prisioneiros apenas se lles daba comida e nunca se lles ofreceu auga potábel nin roupa de abrigo. Moitos morreron de desnutrición, doenzas diversas, torturados ou asasinados.[1]
Estabelecemento
A situación de desvantaxe do bando republicano supuxo un grave problema para as autoridades francesas durante a Guerra civil española. A esquerda francesa vía o asunto dos refuxiados españois con simpatía. Porén, o conservadorismo mostrábase medroso e contrario á entrada no país destes refuxiados.
O Decreto Lei do 12 de novembro de 1938 do goberno francés presidido por Édouard Daladier prevía o internamento de «estranxeiros indesexables». Foi ampliado pola lei do 18 de novembro de 1939 que permitía o internamento «de calquera individuo, francés ou estranxeiro, considerado perigoso para a defensa nacional ou a seguridade pública» e propuña a expulsión de todos eles. Coa caída de Cataluña en mans franquistas, arredor de medio millón de persoas diríxense á fronteira en busca de refuxio. O primeiro «centro especial» para acoller refuxiados foi instalado por decreto o 21 de xaneiro de 1939 en Rieucros, no departamento de Lozère.
O 5 de febreiro de 1939 Daladier permitiu o paso da masa de refuxiados pola fronteira, que até entón permanecera oficialmente pechada, e separáronse os homes (identificados como combatentes) das mulleres. Estas, xunto cos anciáns e os nenos, foron redistribuídas polo país. Pronto entrou en funcionamento unha serie de campos de concentración, situados aos pés dos Pireneos e especialmente nas praiasmediterráneas máis próximas á fronteira. Neles foron recluídos uns 270.000 homes, a maior parte deles excombatentes do Exército Popular da República.[2] Estes «estacionamentos temporais» convertéronse axiña en «reclusión administrativa» e en poucos meses creábanse diversos campos de internamento.[3]
O goberno francés tiña a preocupación de que, se se desencadeaba unha guerra con Alemaña, España se mantivese neutral e non ameazase as posesións francesas no norte de África. O 25 de febreiro, co fin de obter a neutralidade española, asinouse o Acordo Bérard-Jordana, polo que Francia recoñecía o goberno franquista e intercambiaban embaixadores. Nese momento, o número de refuxiados españois en Francia estimábanse en 440.000, o que supuña un gasto para as arcas francesas de 750.000 francos diarios.[4] Os campos de internamento consistían nun terreo de area cercado por aramados de pugas nos que nin sequera existía un teito baixo o que acubillarse. Os refuxiados durmían no chan, rodeados de soldados senegaleses armados de metralladoras e fusís.[1]
Principais campos de internamento
Gurs
O campo de internamento máis importante foi o de Gurs, construído xunto á cidade homónima, na rexión de Aquitania do departamento dos Pireneos Atlánticos. Situábase a 84 km ao leste da costa atlántica e a 34 km ao norte da fronteira española.
Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro Memorial: Españoles deportados en los campos nazis (1940-1945)(en castelán). Ministerio de Cultura y Deporte del Gobierno de España. ISBN9788481812909.
Laharie, Claude (1993). Le camp de Gurs, 1939–1945, un aspect méconnu de l'histoire de Vichy(en francés). J&D. ISBN9782841270002.
Lingner, Max (1982). Gurs. Bericht und Aufruf. Zeichnungen aus einem französischen Internierungslager 1941(en alemán). Berlín: Dietz. ISBN9783876827575.
Mittag, Gabrielle (1996). Es gibt Verdammte nur in Gurs: Literatur, Kultur und Alltag in einem südfranzösischen Internierungslager, 1940-1942(en alemán). Tübingen: Attempto. ISBN9783893082339.